| LÍÑA ICO PARA A INTERNACIONALIZACIÓN Apoio ás empresas españolas financiando os investimentos que leven a cabo para potenciar a súa presencia no exterior. Vixencia: ata o 31 de decembro de 2007 ou ata que se esgoten os fondos. Beneficiarios: empresas españolas baixo a denominación xurídica de sociedade mercantil ou sociedade cooperativa. Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:Tramo I: empresas con menos de 250 empregados Pequenas e medianas empresas españolas que cumpran os seguintes requisitos: • Menos de 250 traballadores.• Volume de negocio anual non superior a 50 millóns ou cifra de balance anual non superior a 43 millóns de €. • Non ter una participación do 25% ou mais do capital ou dereitos de voto doutra empresa ou empresas, que non cumpran de forma agregada, os requisitos en canto ó número de traballadores e límites financeiros mencionados anteriormente.• Non estar participada nun 25% ou mais por empresa ou conxunto de empresas que non cumpran de forma agregada, os requisitos en canto ó número de traballadores e límites financeiros mencionados.Tramo II: resto de empresas Empresas sen limitación de peme que cumpran o requisito xenérico citado.Financimento máximo: o 80% do proxecto.Investimentos financiables: proxectos de investimento en activos novos productivos, que cumpran os requisitos seguintes:- sen limitación en activos materiais.- sen limitación en activos inmateriais “tecnolóxicos”.- en caso de activos inmateriais “non tecnolóxicos”, se someterán o límite do 50% do inmaterial. - límite do 80% en activo inmobiliario.- os activos circulantes deberán estar ligados ó proxecto e, ningún caso, poderán superar o 20% do importe total.- son financiables os gastos de establecemento ata un límite do 10% do investimento total a financiar.Tamén é financiable a adquisición de empresas, así como a toma de participacións significativas, alomenos do 20%, que conduzan á toma do control ou a participación na xestión da empresa no exterior.O investimento a financiar non poderá estar iniciada antes do 1 de xullo de 2005.Prazo de amortización:O beneficiario poderá elixir entre os seguintes prazos e carencias:- 5 anos, sen carencia ou cun período de carencia dun ano - 7 anos, sen carencia ou cun período de carencia de dous anos - 10 anos, sen carencia ou cun período de carencia de tres anosTipos de xuro:Tramo I:• Tipo fixo: segundo referencia ICO + 0,40 puntos porcentuais• Tipo variable: referenciado a EURIBOR a 6 meses + 0,40 puntos porcentuaisTramo II:• Tipo fixo: segundo referencia ICO + 0,75 puntos porcentuais• Tipo variable: referenciado a EURIBOR a 6 meses + 0,75 puntos porcentuaisTramitación: directamente nas oficinas dos principais bancos e caixas establecidos en España. |